O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Secretaría Xeral de Política Lingüística) convoca nove bolsas de formación nos seguintes proxectos de investigación: – Legado científico de Jürgen Untermann – Corpus de referencia do galego actual (Corga) – Corpus documentale latinum Gallaeciae (Codolga) – Bibliografía informatizada da lingua galega (Bilega) – Terminoloxía científico-técnica – Informes de literatura – Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos – Lírica profana galego-portuguesa – Dimensións da identidade colectiva de Galicia Máis información: https://lnkd.in/g4fuSqr