Programa: Talento Sénior 2019. Axudas para a contratación de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i
Data de publicación DOG: 11/06/2019
Código do procedemento: IN858A
Prazo de presentación de solicitudes: 12/06/2019 -11/08/2019
Eido estratéxico: RIS3 – Programa Emprendemento Innovador
Beneficiarios: Empresas e organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia
Que é o Programa Talento Sénior?
Son axudas para a contratación de persoal de alta cualificación, por un período mínimo de tres anos, con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i en Galicia.
Tipo e intensidade da axuda
- Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
- Tipo de axuda: Subvención
- Incentivo: entre o 40% ata o 60% á contratación en función da retribución bruta do persoal de alta cualificación por cada contrato indefinido ou temporal de duración igual ou superior de 3 anos
- Orzamento total: 960.000 €
- Alcance previsto: 14 contratos
Quen pode solicitar estas axudas?
As axudas deste programa poderán ser solicitadas, ata un máximo de 2 contratos por entidade, por:
- Empresas
- Organismos de investigación públicos non universitarios ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia
Documentación Convocatoria Talento sénior dunha ollada (pdf)
Máis información
- No correo electrónico centros.gain@xunta.gal
- Nos teléfonos 981 95 7000 / 981 95 7012